Arquivo do Garfo

Garfo no Imperdibel
1 2

Traduce a nosa web

 

21/07/2011

Rapeando pela concursal



Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

Eruditeces

"Por veces penso que me elevo sobor da sociedade e diviso a grande mentira que conduce as vosas vidas."
"Ti non te metas drogas, que somos demasiados e haiche pouca."
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

Manuais do carallo


"Paso 7: Se o cliente insiste en dar de baixa o servizo pídalle que diga o seu nome e apelidos ao revés para voltar a verificar a súa autenticidade."
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

20/07/2011

Refluxos

"Por mor da educación hiperproteccionista que me deron, non podo aquelar cos meus desexos máis ferventes."
"Errar é humano, máis votarlle as culpas a outro é máis humano inda."
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

Regos á nada


"De neno, dixéronme que tinha que portarme ben; fun un príncipe cos meus pais e amigos."
"Ao medrar, dixéronme que tinha que estudar; todo foron matrículas de honra."
"De adulto, dixéronme que o traballo era o máis importante; cheguei a presidente da empresa."
"Mais ao cabo, esquecéronse de dicirme que tinha que facer despois."
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

16/07/2011

14/07/2011

Reflexións do Dodo carrolliano


"Agora élle así señor Dodo, ou marcha un a traballar ao estranxeiro, ou morre de fame."
"E como pensas ir meu fillo, se non tes nin para comer?"
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

Os fillos do demo


"É doado culparme a min e non ao político"
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

11/07/2011

En ollando en fite

"Se vos sacrificades como é debido, garántovos que nós sairemos adiante."
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

08/07/2011

A xustiza do capital


"Se non podes pagar as costas do xuizo, vaiche sair moito máis caro o xuizo"
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

07/07/2011

06/07/2011

Cenáculo


"Cousa boa é nacer nun país no que inda está todo por facer"

Propostas


"Agora o éxito sería lograr incrementar os índices de paro mental..."
Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©

01/07/2011

Anacos de fragas

Eiquí onde me vedes, fun membro senlleiro dunha grande fraga, xa finada. Sabedes o que é unha fraga? O que significa? O que bule tras das ponlas soberbias, tras dos fentos ergueitos, tras das xestas poderosas? Atrevéstesvos algunha vegada a ollar tan sequer unha miga pola trapela que leva ao senso da fraga? É un sarillo, compañeiros, mais un sarillo ordenado, sinérxico. Na fraga non facemos distingo entre o bo e o mao, pois todo é necesario. Non temos verbas como lixo, capricho ou intención, pois os que nela habitamos non temos vontade nin propósito. Cústanos entender o que significa o eu, porque non temos espello de man, e a sorte dun é a sorte de todos. Unha árbore, como pode obviar o sol, as augas, a terra, as herbas, os bechos... podería definirse se non os incluíse a eles? Non, pois ela ten no cerne ao esquío, o pardao, o merlo, a salamántiga, os excrementos... e os cadáveres dos que foron e chuchou coa súa raizame. Agora, eiquí onde me vedes, son unha árbore morta, aboada e regada por xardineiros municipais os días impares da última semán de cada mes. Eivada de meu, monstros bípedos achéganse devagariño pra me fitar; pra fitar un monolito vexetal que os atrae e os arreda; que os fascina e os arrepía; do que gostan e o que odian con carraxe porque, compañeiros, ises monstros senten decote na miña eiva a súa propia eiva.

Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©