Arquivo do Garfo

Garfo no Imperdibel
1 2

Traduce a nosa web

 

01/07/2011

Anacos de fragas

Eiquí onde me vedes, fun membro senlleiro dunha grande fraga, xa finada. Sabedes o que é unha fraga? O que significa? O que bule tras das ponlas soberbias, tras dos fentos ergueitos, tras das xestas poderosas? Atrevéstesvos algunha vegada a ollar tan sequer unha miga pola trapela que leva ao senso da fraga? É un sarillo, compañeiros, mais un sarillo ordenado, sinérxico. Na fraga non facemos distingo entre o bo e o mao, pois todo é necesario. Non temos verbas como lixo, capricho ou intención, pois os que nela habitamos non temos vontade nin propósito. Cústanos entender o que significa o eu, porque non temos espello de man, e a sorte dun é a sorte de todos. Unha árbore, como pode obviar o sol, as augas, a terra, as herbas, os bechos... podería definirse se non os incluíse a eles? Non, pois ela ten no cerne ao esquío, o pardao, o merlo, a salamántiga, os excrementos... e os cadáveres dos que foron e chuchou coa súa raizame. Agora, eiquí onde me vedes, son unha árbore morta, aboada e regada por xardineiros municipais os días impares da última semán de cada mes. Eivada de meu, monstros bípedos achéganse devagariño pra me fitar; pra fitar un monolito vexetal que os atrae e os arreda; que os fascina e os arrepía; do que gostan e o que odian con carraxe porque, compañeiros, ises monstros senten decote na miña eiva a súa propia eiva.

Imperdibel. Humor gráfico galego. Banda deseñada 2011 ©